Para as dores musculares
As dores musculares pode ser adecuado elaborar na casa aceite de hipérico ou de lavanda para masaxear con eles as zonas doridas. Para o primeiro, basta com introducir nun frasco de vidro escuro 1litro de aceite de oliva (mellor de primeira presión en frío) con flores e brotes de hipérico, deixándoo 20 días mínimo até que adquira cor vermella intensa. Para o segundo, podemos utilizar esencia de lavanda (de venda en herboristerías) e depositar 25-30 pingas en aceite de améndoas.
Para o mesmo tipo de dores, pero tamén para as de tipo articular é moi útil o alcol de romeo aplicado con fregas sobre a zona. Elaborarémolo recollendo unhas cantas ramas da planta, depositándoas nun recipiente dun litro, e cobréndoas con alcol de farmacia. Deixaremos repousar a mestura 3 ou 4 semanas. Ter a man unha pomada de árnica tamén nos será de grande axuda para calquera molestia deste tipo.
As articulacións
As articulacións dorosas poden mellorar se preparamos unha infusión que conteña a partes iguais sauce, harpagofito e ulmaria en 500ml de auga e a tomamos varias veces no día. Se ademáis lle aplicamos un emplasto de arxila, notaremos máis alivio.
Outra medida, pode consistir en colocar panos quentes sobre o músculo ou a articulación. Paradóxicamente, o frío tamén é moi efectivo, se se tolera, en ambos casos, pola súa acción anestésica e a vasodilatación reflexa que provoca. Temos que ter coidado de que non conteña escarcha e, en todo caso, aplica-lo con un pano fino por baixo. Unha bolsa de guisantes conxelados ou unha con cubos de xeo son igualmente válidos. A aplicación poderá ser fixa ou realizando unha masaxe na zona. Manterémolo até que notemos a zona dormida, que soen ser uns 15 ou 20 minutos. Podemos repetir a operación pasadas dúas horas.
Dor de costas
- Unha dor de costas mellorará se tomamos unha ducha ou un baño de auga quente (38º). A este último, podemos engadirlle unha infusión de 2 litros de auga con árnica, pasiflora ou saúco.
- Se a dor é nas cervicais, ademáis do masaxe con xeo nas zonas doridas ou da aplicación de calor, poden beneficiarnos uns estiramentos suaves (se sabemos realizalos correctamente) ou simplemente a presión moderada de 1 a 3 minutos nos puntos sensíbeis.
- Se a molestia se localiza na zona occipital, colocarse boca abaixo na cama deixando que a cabeza caia por un lateral, aliviará a tensión na zona.
- Para a rexión lumbar, un remedio popular consiste na colocación dunha cataplasma de berza, para a que utilizaremos as follas exteriores (por seren as que conteñen máis propiedades) e retiraremos o nervo central. Quentaremos as berzas na plancha ou no forno e aplicarémolas na zona afectada tendo coidado de non queimarnos. É conveniente tapala cun pano para consrvar mellor o calor. Manterémola durante unha hora e colocaremos outra pasado este tempo.
Calquera destes síntomas mellorará se durante eses días facemos unha dieta rica en frutas e verduras e pobre en carnes.